top of page
Camiños na auga

Sacar a lingua é de mala educación

OPORTUNIDADES DO MULTILINGUISMO NA INFANCIA E NA IDADE ADULTA

Un volume que procura argumentos e estratexias para aproveitar as posibilidades que, tanto a adultos como a nenos, lles brinda a vida nunha comunidade bilingüe que se insire nunha Europa multilingüe e nun mundo cunha extraordinaria riqueza idiomática.

Ao longo deste volume expóñense de maneira sinxela e clara os motivos polos que todos os habitantes de Galicia deberían ser competentes nas dúas linguas oficiais da comunidade e empregar esa destreza como trampolín para adquirir outras o antes posible. Porque en cuestión de linguas o importante é sumar.

Hai tempo que desexaba un libro así​

Xesús Ferro Ruibal. Grial

Un libro claro e preciso.

Xosé Manuel Eiré. Ferradura en tránsito

OS MEUS LIBROS
bottom of page