top of page
Camiños na auga

Camiños na auga

 

O protagonista desta novela é Szymo, alguén que naceu nunha zona mergullada na pobreza e no conflito, nun lugar afastado e a miúdo intolerante cos que, coma el, se saen do común. A súa inquebrantable determinación de perseguir o soño de atopar un mundo mellor lévao a percorrer miles de quilómetros na procura dun sitio onde a súa diferenza non sexa un estigma que poña en perigo a súa vida.

 

Manuel Núñez Singala compón un relato de aventuras, unha narración de viaxe, e tamén unha novela de iniciación. Acompañando a Szymo nos camiños na auga que constitúen o seu percorrido, poderemos descubrir unha persoa que en esencia é, malia a súa diferenza, moi semellante a nós mesmos. Quizais así sexamos quen de comprender.

Singala atesoura páxinas estremecedoras e acada, ao meu ver, indiscutible brillantez.

Ramón Nicolás. La Voz de Galicia

Camiños na auga convídanos a reflexionar sobre a barbarie do ser humano lobo para o ser humano, sobre a imperiosa necesidade de ser aceptado polos demais e, antes nada, sobre a capacidade infinda de loita esperanzada que, malia todo, aniña no corazón humano.

Armando Requeixo. El Ideal Gallego. Diario de Ferrol

Prosa líquida, mesmo caudalosa, con fervenzas mais tamén con caneiros que permiten demorar nela.

Montse Pena Presas. Faro de Vigo

OS MEUS LIBROS
bottom of page