top of page
Atranco no banco

Atranco no banco

 

Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia de Manuel Núñez Singala. Un dúo de ladróns sen vocación, un director do banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama onde a risa está máis que garantida. E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.

Eis unha divertida comedia que se le dunha tirada.

Xosé M. Eyré. Ferradura en tránsito

Atranco no banco é un divertido enredo de vividísimos diálogos, que non só caracterizan con eficiencia os personaxes, senón que ao tempo engaden plasticidade e forza escénica a toda a obra, abismando o lector á imparable gargallada.

Armando Requeixo. El Ideal Gallego, Diario de Ferrol

OS MEUS LIBROS
bottom of page