top of page
SOBRE MIN
Nacín en Lugo no ano 1963, aínda que antes de cumprir os tres anos fun vivir a Vilalba, a capital da Terra Cha. Alí transcorreu a miña infancia e adolescencia e, malia levar fóra moitos anos, sigo considerando aquelas terras como a miña primeira patria. Despois fun á Universidade, licencieime en Filoloxía Galega e xa quedei en Compostela, nos seu arredores vivo dende entón.
Traballei no Parlamento de Galicia, na Xunta e, dende o ano 1988 dirixo o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Sempre me gustou a lectura e tamén a escrita, actividades ás que lle dedico boa parte do meu tempo de lecer xa que me proporcionan grandes satisfaccións.
Máis cousas
Entrevistas
Premios
Premio Xiria de Creación Teatral por O achado do castro. 1987
bottom of page