top of page
Sacar a lingua é de mala educación
OPORTUNIDADES DO MULTILINGUISMO NA INFANCIA E NA IDADE ADULTA
Un volume que procura argumentos e estratexias para aproveitar as posibilidades que, tanto a adultos como a nenos, lles brinda a vida nunha comunidade bilingüe que se insire nunha Europa multilingüe e nun mundo cunha extraordinaria riqueza idiomática.
Ao longo deste volume expóñense de maneira sinxela e clara os motivos polos que todos os habitantes de Galicia deberían ser competentes nas dúas linguas oficiais da comunidade e empregar esa destreza como trampolín para adquirir outras o antes posible. Porque en cuestión de linguas o importante é sumar.

Hai tempo que desexaba un libro así
Xesús Ferro Ruibal. Grial
Un libro claro e preciso.
Xosé Manuel Eiré. Ferradura en tránsito

bottom of page